Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (140/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 140/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 856/2012

Sobre ordinario

Demandante: Adriana Pérez Albores

Avogada: María Catalfamo

Demandados: AJP Guy y otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Albores contra AJP Guy y otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud sobre ordinario, foi ditada cédula de citación no día 31.7.2015 do teor literal seguinte:

«Cédula de citación

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda:

Execución de títulos xudiciais 140/2015.

Persoa que se cita:

AJP Guy y otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud en calidade de executados.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición de executados, concorrendo a tales actos coas probas de que se tenten valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Sinálase o día 3.11.2015 ás 12.40 horas na sala de audiencia deste xulgado, sita na planta baixa, sala número 3 do edificio dos xulgados, sito en rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, para a realización da comparecencia acordada.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial

AJP Guy y otra, S.C.; Antonie Jean Paul Guy Jaud

Rúa Cantón nº 0026 - Noia»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial