Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (75/2015).

EPA execución parcial 75/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 980/2014

Sobre despedimento

Demandante: Ana María Sampedro Fernández

Procuradora: María Begoña Caamaño Castiñeira

Demandada: Limpiezas Secope, S.A.

Edicto (75/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución parcial 75/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Mª Sampedro Fernández contra a empresa Limpiezas Secope, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto, con data do 6 de agosto de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Limpiezas Secope, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 14.809,34 euros en concepto de principal máis 1.480,34 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e á executada no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número
5076 0000 64 0075 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0075 15. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa.

Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Limpiezas Secope, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

A secretaria xudicial