Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34965

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2015 mediante a cal se convoca un proceso selectivo para a contratación de nove titulados universitarios e dous técnicos de formación profesional no marco das axudas para a promoción do emprego xuvenil e a implantación da garantía xuvenil en I+D+I.

En exercicio das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca un proceso selectivo para a contratación de nove titulados universitarios e dous técnicos de formación profesional.

A información completa pódese consultar no seguinte enderezo electrónico:
http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/outras_convocatorias/, así como nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e dos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, rúa Torrecedeira, 86). Pódese obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico consultapas@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 4 de setembro de 2015.

Vigo, 19 de agosto de 2015

P.S. (Resolución do 5.8.2015)
Manuel José Fernández Iglesias
Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais