Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34963

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 30 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Proceder, de conformidade co disposto na base II.2.6 da orde de convocatoria, á publicación da baremación definitiva da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllense no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no anexo II desta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar a relación que aparece no anexo II desta resolución ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada, ante o/a conselleiro/a de Facenda, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 13 de agosto de 2015

José Manuel González González
Presidente do tribunal

ANEXO I
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais

Baremación definitiva da fase de concurso.

DNI

Apelidos e nome

Puntuación
base II.2.1

Puntuación
base II.2.2

Puntuación

total

32815228R

Nimo Silva, Abelardo

27,54

3,00

30,54

33326209Z

López Fernández, Sonia

0,00

2,40

2,40

46914813B

Sánchez Naveira, Francisco Javier

0,00

0,40

0,40

33285081X

Hermo Nimo, Antonio

0,00

2,00

2,00

ANEXO II
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Fase oposición

Fase concurso

Puntuación total

1

32815228R

Nimo Silva, Abelardo

11,18

10,05

11,54

Exento

32,77

30,54

63,31