Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 29 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Suigrexa e a das Cortiñas, do concello de Moraña, respecto do linde común dos seus montes.

Para os efectos previstos nos artigos 53 da Lei 7/2013, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2015, adoptou o seguinte acordo en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Suigrexa e a comunidade das Cortiñas, no concello de Moraña respecto do linde común dos seus montes.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG núm.140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda, modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalamento dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

Segundo. Con data do 9 de abril de 2014, a CMVMC de Suigrexa comunica ao Xurado de MVMC de Pontevedra o acordo coa CMVMC das Cortiñas no límite entre ambas as comunidades. A documentación que consta no expediente consonte o artigo 53 da Lei 7/2012: acto de conciliación no Xulgado de Paz de Moraña, certificados de aprobación en asemblea xeral de ambas as comunidades e cartografía dixital.

Terceiro. Con data do 12 de maio de 2014, o xefe da Sección de Topografía informa: «Non existen afeccións en montes de utilidade pública. Non existe deslindamento do monte veciñal das tres comunidades. As tres comunidades pertencen á parroquia de San Salvador de Saiáns, nesta parroquia existiu o antigo deslindamento de utilidade pública núm. 91 deslindado e amolloado». Así mesmo, fai referencia ao acordo do Xurado de MVMC de que os esbozos que foron confeccionados para a investigación que serviron para a clasificación non se poden converter en proba definitiva do contorno do monte ata que se realice o correspondente deslindamento. Xunta montaxe do deslindamento sobre carpeta ficha, ortofoto e catastro.

Cuarto. Descrición da liña poligonal de 628,02 metros que determina o deslindamento de mutuo acordo entre os montes veciñais en man común de Suigrexa e As Cortiñas realizado polo enxeñeiro operador Jorge Couceiro Dorelle e formada polos seguintes puntos (ETRS89 UTM zona 29N):

Marco 30.

x=533.385,344

y=4.713.585,034

z=217,523

Marco Cortiñas 1.

x=533.337,265

y=4.713.653,982

z=224,633

Marco Cortiñas 2.

x=533.181,109

y=4.713.819,704

z=239,711

Marco Cortiñas 3.

x=533.157,261

y=4.713.976,435

z=240,054

Marco B8.

x=533.116,072

y=4.714.048,505

z=236,078

Marco 13.

x=533.067,547

y=4.714.105,326

z=239,389

Por todo o exposto, emítese informe favorable sobre deslindamento solicitado entre os montes veciñais en man común das comunidades de Suigrexa e As Cortiñas e que afecta a o monte Parolada.

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, regula nos artigos 52 e 53 o procedemento de deslindamento entre os montes veciñais en man común, establecendo, entre outras, a obriga de publicar a resolución do Xurado no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. Da documentación achegada polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial conclúese que o acordo entre a CMVMC de Suigrexa e a CMVMC das Cortiñas (Moraña) é congruente coas respectivas resolucións de clasificación e cos lindes nelas descritos.

Vista o acordo presentado, a documentación achegada con esta e o informe técnico do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Pontevedra, este xurado, en atención ao disposto nos artigos 53, 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2013, de montes de Galicia, por unanimidade acorda:

Primeiro. Aprobar o acordo realizado entre a CMVMC de Suigrexa e a CMVMC das Cortiñas respecto do seu linde común nos termos indicados no antecedente de feito cuarto, e segundo os planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificarlles este acordo ás comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 29 de xullo de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra