Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 28 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Tameiga e a de Dornelas, do concello de Mos, respecto do linde común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2013, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2015, adoptou en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Tameiga e a comunidade de Dornelas, no concello de Mos, respecto do linde común dos seus montes.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG núm. 140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalamento dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias, consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

Segundo. Con data do 27.4.2015 a CMVMC de Tameiga comunica ao Xurado de MVMC de Pontevedra o acordo coa CMVMC de Dornelas de límites entre ambas as dúas comunidades. Logo de requirimento de documentación, consta no expediente a seguinte documentación, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012: acto de conciliación no Xulgado de Mos, certificados de aprobación en asemblea xeral de ambas as dúas comunidades e cartografía dixital.

Terceiro. Con data do 4.6.2015, o xefe da sección de topografía informa: «trátase dun deslindamento parcial mediante acta de conciliación rexistrado no Xulgado de Paz de Mos que modifica o plano que consta no Rexistro de Montes Veciñais como correspondente á Sentenza do Tribunal de Xustiza de Galiza número 532/1991».

Cuarto. Coa presentación deste acordo de deslindamento elimínase a superficie solapada entre as CMVMC de Tameiga e a CMVMC de Dornelas (dúas parcelas de 0,6 ha e 0,3 ha cada unha) que se reflectiu no informe do 1.4.2003 da Área de Topografía do Servizo de Montes: «Que a superficie de solapamento entre as dúas solicitudes se debe a que na clasificación do monte Cotiño (da CMVMC de Dornelas) considérase límite leste como o correspondente ao reflectido nos planos do Concello de Mos. Mentres que na clasificación do monte Faquiña (da CMVMC de Tameiga), o límite sinalado corresponde ao límite sinalado que corresponde ao informe pericial do procedemento xudicial».

Quinto. Descrición da liña poligonal que determina o deslindamento de mutuo acordo do monte Faquiña, propiedade da CMVMC de Tameiga e o monte Cotiño, propiedade da CMVMC de Dornelas: segundo a acta de apeo descrita polo enxeñeiro operador Daniel de la Torre Rivero e formada polos seguintes puntos (UTM fuso 29 datum ED50):

Mouteira núm. 1

x=529.308,466

y=4.673.921,177

Mouteira núm. 2

x=529.344,881

y=4.673.862,149

Mouteira núm. 3

x=529.386,574

y=4.673.823,741

Mouteira núm. 4

x=529.385,759

y=4.673.851,624

Mouteira núm. 5

x=529.402,605

y=4.673.840,558

Mouteira núm. 6

x=529.423,892

y=4.673.832,295

Mouteira núm. 7

x=529.455,343

y=4.673.777,343

Mouteira núm. 8

x=529.474,125

y=4.673.659,788

Mouteira núm. 9

x=529.403,785

y=4.673.572,025

Mouteira núm. 10

x=529.469,521

y=4.673.521,424

Mouteira núm. 11

x=529.571,948

y=4.673.394,166

Por todo o exposto, emítese informe de xeito favorable ao deslindamento solicitado, xa que se eliminan as superficies solapadas entre a CMVMC de Tameiga e a CMVMC de Dornelas. Desta forma, o monte Faquiña queda delimitado de xeito correcto nos ventos norte, sur, leste e oeste.

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo cuarta establece que, para adecuar as avinzas realizadas con anterioridade á entrada en vigor desta lei ao procedemento de deslindamento entre montes veciñais en man común previstos nos artigos 53 e 54, deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia as resolucións do xurado.

Segunda. Da documentación achegada polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial, conclúese que a avinza entre a CMVMC de Tameiga a CMVMC de Dornelas son congruentes coas respectivas resolucións de clasificación e cos lindes nelas descritos

Vista a avinza presentada, a documentación achegada con esta e o informe técnico do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra, este xurado, en atención ao disposto nos artigos 53, 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2013, de montes de Galicia, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Tameiga e a CMVMC de Dornelas (Mos) respecto do seu linde común nos termos indicados no antecedente de feito quinto e segundo os planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes

Segundo. Notificar este acordo ás comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 28 de xullo de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra