Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DOI 1094/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1094/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra a empresa Isalcor Valga, S.L., Exl Quintaglass, S.L., Estevan Crego Pedrido, Isidro Carro Lorenzo, Alicia Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Resin Suministros Valga, S.L., Exlabesa, sobre despedimento, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido.

Ter a Pablo Gómez Rodríguez por desistido da acción de declaración de nulidade do despedimento, exercida na demanda de despedimento que deu orixe ao presente procedemento.

Considerando parcialmente a demanda interposta por Pablo Gómez Rodríguez, contra Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L., Alicia Carro Lorenzo, Isidro Carro Lorenzo, Estevan Crego Pedrido, Atesvi, S.L., Exl Quintaglass, S.L. (Exlabesa), Resin Suministros Valga, S.L., e contra os administradores concursais Javier López Romero, como administrador concursal de Isalcor Valga, S.L., e Sociedad Profesional Torres Díaz Sanjurjo y Barral, S.L.P., como administrador concursal de Atesvi, S.L., e Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado por Isalcor Valga, S.L. con efectos do 13 de outubro de 2013.

2. En consecuencia, debo condenar e condeno a Isalcor Valga, S.L. e a Carpintería Metálica Tecre, S.L. e a Javier López Romero só na súa condición de administrador concursal de Isalcor Valga, S.L. a estaren e pasaren pola dita declaración e, ao non ser realizable a readmisión do traballador demandante, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e as mercantís citadas.

3. Debo condenar e condeno solidariamente a mercantís demandadas Isalcor Valga, S.L. e Carpintería Metálica Tecre, S.L. a aboaren ao demandante a suma de 5.478 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución.

4. Debo absolver e absolvo os demandados Alicia Carro Lorenzo, Isidro Carro Lorenzo, Estevan Crego Pedrido, Atesvi S.L., Exl Quintaglass, S.L. (Exlabesa), Resin Suministros Valga, S.L., Sociedad Profesional Torres Díaz Sanjurjo y Barral, S.L.P., como administrador concursal de Atesvi, S.L., de todas as peticións deducidas contra eles.

5. No que atinxe ao Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estevan Crego Pedrido e a Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

A secretaria xudicial