Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PMC 723/2013/0001).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 30 de xullo de 2015 no proceso seguido por instancia de Pedro Luaña Louzao contra Grafinova e o Fondo de Garantía Salarial rexistrado co número PMC 723/2013/001 se acordou notificar a parte dispositiva do auto do 18 de novembro de 2013, así como a dilixencia de ordenación do 25 de xuño de 2015 ditado no procedemento a Grafinova, en ignorado paradoiro:

Auto do 18 de novembro de 2013.

Parte dispositiva.

Desestimo o recurso de reposición presentado por Grafinova, S.A. contra o auto do 16 de outubro de 2013, que se confirma na súa integridade.

Déase ao depósito para interpor recurso o destino legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Dilixencia de ordenación do 25 de xuño de 2015.

A anterior notificación dirixida ao administrador da demandada, Diego José Asegurado Pérez, devolta polo SCACE con resultado negativo, únase e, á vista do resultado das notificacións ao longo do procedemento, notifíquese á demandada Grafinova, S.A. a parte dispositiva do auto do 18 de novembro de 2013, así como a dilixencia de ordenación do 25 de xuño de 2015, por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Grafinova, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

A secretaria xudicial