Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34728

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (458/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento se ditou sentenza do teor literal seguinte:

«En Vigo o 26 de marzo de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 458/14 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Stela Coman, representada pola procuradora dos tribunais Eva María Martínez Paz e con asistencia letrada de Marta Pérez Castiñeira, contra Pavel Craciun, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Martínez Paz, en nome e representación de Stela Coman, como demandante, contra Pavel Craciun, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, estima esta e realiza os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Coman, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a menor.

Segundo. A menor poderá comunicarse e relacionarse co seu proxenitor cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo así o decidan.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Pavel Craciun en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente.

Vigo, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial