Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34727

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (330/2014).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial, polo presente fago constar que nesta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, se tramita recurso de apelación (LACN) 330/2014, dimanante de procedemento ordinario 363/2010 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, en que é apelante Dasilva Fernández, S.L. e apelados Juan Barros Cuervo, Manuel Castro Moldes, a entidade Pompedra, S.L., Santos Miguel Aguirre Hernández e José Luis Somoza Saavedra, nos cales con data do 2 de febreiro de 2015 se ditou sentenza que estimaba o recurso de apelación, e con data do 6 de marzo de 2015 e do 24 de marzo de 2015 autos aclaratorios desta, cuxos textos íntegros se encontran na Oficina Xudicial desta Sección Terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro, nº 5, 2, á disposición das partes.

Para que conste e sirva de notificación á entidade Pompedra, S.L., Santos Miguel Aguirre Hernández e José Luis Somoza Saavedra, todos eles en ignorado paradoiro, expido o presente.

Pontevedra, 27 de maio de 2015

O secretario xudicial