Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34725

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2008/2015).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2008/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A., Jorge Estévez Jamardo sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 4 de agosto de 2015.

O anterior escrito presentado polo letrado habilitado da avogacía do Estado en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, e fáiselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Ao outrosí digo expídanse as certificacións solicitadas con expresión da súa firmeza, que se unirán á peza separada do recurso de casación para unificación de doutrina unha vez que se presente o escrito de interposición.

Expídase edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación desta resolución a Limpiezas Secope, S.A.

Así mesmo, comunícase á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpoñer o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte impugnada poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de agosto de 2015

A secretaria xudicial