Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas ao Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativo ao expediente TR348B 2011/411-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial do Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido.

Lugo, 5 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 39.2.1 Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2011/411-2.

Nome: Pescados Cibu, S.L.

DNI/NIF: B15530010.

Último enderezo coñecido: rúa Longitudinal, 6, planta D, pta. 8, 08040 Barcelona.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada durante o período de tres (3) anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.