Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifican un acordo e dúas resolucións de procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas co FEP e xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar no marco da medida 2.3 (Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura) a través do Programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada  á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

Beneficiaria: Elaborados Freiremar Vigo, S.A.

NIF: A36641348.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/024-5.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro do 12 de febreiro de 2015, da conselleira do Medio Rural e do Mar, polo que se declara a procedencia de reintegro parcial da subvención.

Último enderezo coñecido: avda. de Beiramar, 83, 36208 Vigo, Pontevedra.

Beneficiaria: Mariscos Carballo, S.L.

NIF: B36177657.

Número de expediente SXPA: PE201B/2009/023-5.

Acto de notificación: resolución de procedemento de reintegro do 21 de maio de 2015, da conselleira do Medio Rural e do Mar, polo que se declara a procedencia de reintegro parcial da subvención.

Último enderezo coñecido: avda. Ourense, s/n, 36940 Cangas, Pontevedra.

Beneficiaria: Frigoríficos Riveira Mar, S.L.

NIF: B36552729.

Número de expediente SXPA: PE201B/2009/36-1.

Acto de notificación: resolución de procedemento de reintegro do 9 de xullo de 2015, da conselleira do Medio Rural e do Mar, polo que se declara a procedencia de reintegro total da subvención.

Último enderezo coñecido: Couso, Aguiño, 15965 Ribeira, A Coruña.