Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Ourense, tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 57/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna terapéutica no centro de día para persoas maiores con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas da Xunta de Galicia en Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: concello de Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si, ata acadar un máximo de 5 anos.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 85312100-0 servizos de centro de día.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado do contrato: dous millóns trescentos corenta e nove mil seiscentos sete euros con quince céntimos (2.349.607,15 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) O orzamento da licitación ascende á cantidade de trescentos oitenta e oito mil cento sesenta e cinco euros con cinco céntimos (388.165,05 €), ao cal se lle engaden vinte e dous mil trescentos noventa e nove euros con sesenta e cinco céntimos (22.399,65 €), que corresponden ao IVE, o que fai un total de catrocentos dez mil cincocentos sesenta e catro euros con setenta céntimos (410.564,70 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: non.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público, cualificación da documentación administrativa.

Apertura do sobre B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura do sobre C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23175

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

P.D. (Orde 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar