Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34630

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (631/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento 631/2014, foi ditada a sentenza do teor literal seguinte:

«En Vigo, 14 de maio de 2015.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de primeira instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os autos do procedemento sobre garda e custodia e alimentos de fillos menores número 631/2014, seguidos por instancia de Patricia Fernández Gómez, representada procesualmente pola procuradora Sra. Robés Cabaleiro e asistida da letrada Sra. Domínguez Lago, contra Nicolás García López, en situación de rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de dous fillos menores de idade tidos en común.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Que, considerando integramente a demanda de xuízo verbal promovida pola procuradora Sra. Robés Cabaleiro, en nome e representación de Patricia Fernández Gómez, contra Nicolás García López, debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas persoais e económicas:

1. Atribúese á nai a garda e custodia dos dous fillos menores Jonathan e Iván.

2. Non se establece ningún réxime de visitas, comunicación e estadías dos fillos comúns co proxenitor non custodio.

3. Imponse a cargo do pai a obriga de aboar, en concepto de pensión de alimentos a favor dos seus dous fillos menores, a cantidade de 250 euros mensuais, que deberá ingresar por meses anticipados e durante os cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante para tal efecto.

Esta cantidade será revisada anualmente en proporción ás variacións do índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou calquera outro organismo público que no futuro poida cumprir análoga función.

Así mesmo, o pai deberá aboar a metade dos gastos extraordinarios que xeren os menores.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención do devandito fillo menor de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, o custo de actividades extraescolares ou calquera outro similar, incluída a matrícula, se for o caso e nun futuro, en universidades privadas, e calquera outros, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios será tramitado nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Non se efectúa un especial pronunciamento sobre as custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, nos prazos e termos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos da súa razón, definitivamente xulgando nesta instancia».

E para que sirva de notificación a Nicolás García López, expido e asino este edicto.

Vigo, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial