Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34628

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1574/2015, RCUD 287/2015-S).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1574/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 883/2014, Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Ana María Falque Tapia, Pescados Juan Fernández, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1574/2015-RCUD 287/15-S seguido por instancia do Fogasa contra Ana María Falque Tapia e Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Asunción Barrio Calle.

Na Coruña o 31 de xullo de 2015.

O anterior escrito presentado polo avogado do Estado únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial