Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2015).

Execución de títulos xudiciais 61/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 549/2014

Sobre: ordinario

Demandantes: Santiago Ríos Pérez e Antonio Alejandro Doallo Pesado

Avogados: Elena Moreira Agra e Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Hermanos Seoane, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Ríos Pérez e Antonio Alejandro Doallo Pesado contra Hermanos Seoane, S.L., sobre ordinario, ditado decreto en data 3.8.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo.

a) Declarar o executado Hermanos Seoane, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 77.130,20 euros de principal (16.070,27 € de indemnización + 20.051,05 € de salarios debidos + 1.005,30 € de xuros do artigo 29.3 do ET (20.051,05 €) + 6.197,62 € de salarios de tramitación + 778,95 € de falta de aviso previo a Santiago Ríos Pérez) + (9.779,76 € de salarios + 13.812,31 € de indemnización + 8.802,60 € salarios de tramitación + 632,33 € de xuros de demora de 9.779,76 € a Antonio Alejandro Doallo Pesado) máis 900 euros de honorarios dos letrados das partes demandantes (300 euros de honorarios do letrado de Santiago Ríos Pérez + 600 euros de honorarios do letrado de Antonio Alejandro Doallo Pesado) máis 7.713,02 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentes non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta 5076 no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015

A secretaria xudicial