Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada polo procedemento aberto e non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente e varios criterios de adxudicación, do servizo de redacción dos proxectos de obras de reforma do Complexo de Atletismo de Balaídos en Vigo (expediente 4/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de redacción dos proxectos de obras de reforma do Complexo de Atletismo de Balaídos en Vigo.

c) Prazo de execución: seis (6) semanas contadas a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato, ou o prazo menor ofertado polo adxudicatario.

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPA: 71.11 servizos técnicos de arquitectura.

3.Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 40.414,15 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 40.414,15 €, IVE: (21 %): 8.486,97 €; importe total: 48.901,12 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas epígrafes J e K do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Ourense nº 6, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 06 e 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23253

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo (8º) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil ou sábado o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo PCAP.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte, na rúa Ourense, nº 6, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Ourense, nº 6.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 5, Decreto 88/2013)
María Teresa Lorenzo Lemos
Subdirectora xeral de Xestión Deportiva