Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha resolución de procedencia de reintegro de axudas ao programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, reguladas na Orde do 18 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 30 de marzo), relativa ao expediente TR343A 2011/43-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido

Lugo, 3 de agosto de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2011/43-2.

Nome: José Luis Gil Palacios.

DNI/NIF: 33537368X.

Último enderezo coñecido: rolda das Mercedes, 23, 1º esqda., 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal o traballador contratado ao abeiro deste programa por un período de tres anos.

Precepto infrinxido: base décimo primeira, punto 1, do anexo A da Orde do 18 de marzo de 2011.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 24 de xuño de 2015 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.