Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2008/195-1 e RL 2009/49-1.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), notifícaselles por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes.

A notificación publícase preceptivamente no Boletín Oficial del Estado.

Dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nesta xefatura territorial, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Advírteselles que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 23 de xullo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: RL 2008/195-1.

Acta inf. nº: I152008000027838.

Empresa: Rocorelpi, S.L.

NIF: B15758758.

Enderezo: travesía Pastoriza, 15142 Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14, 15.1.d), 16 e 25 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3.5 e anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, sobre disposicións mínimas de seguridade para a utilización polos traballadores de equipamentos de seguridade.

Tipificación: artigos 12.16.b), 39 e 40.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 28 de abril de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Rocorelpi, S.L. unha sanción por importe oito mil douscentos euros (8.200 €).

Expediente nº: RL 2009/49-1.

Acta inf. nº: I152008000181422.

Empresa: Elevaciones Rama, S.L.

NIF: B36395473.

Enderezo: avenida Peinador, 13, Mos (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigo 14.2, 15.1.d), 16 e 25 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 3.1 e 3.5 e anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, sobre disposicións mínimas de seguridade para a utilización polos traballadores de equipamentos de seguridade.

Tipificación: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9 de abril de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Elevaciones Rama, S.L. unha sanción por importe de vinte mil catrocentos noventa e un euros (20.491 €).