Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial en Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015075TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de xuño de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015075TA-OU, a Altagracia Soto Ramírez DNI 04250625H, xerente do local club Gran Rancho, sito na N-532 km 11, 32613 Oímbra (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícase a Altagracia Soto Ramírez DNI 04250625H, xerente do local club Gran Rancho, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle de que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 29 de xullo de 2015

P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Andrés Castro Bande
Xefe de Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: 2015075TA-OU.

Denunciada: Altagracia Soto Ramírez, xerente do local club Gran Rancho.

DNI/NIF/CIF: DNI 04250625H.

Último enderezo coñecido: N-532 km 11, 32613 Oímbra (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: setenta e cinco (75) euros.