Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita a instalación eléctrica nos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes (expediente IN407A 2014/201-4).

Visto o expediente para outorgamento de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: D.U.P. LMTA Feixa-Calvos-tramo: do apoio 6 á derivación CT Calvos.

Situación: Ponte Caldelas e Fornelos de Montes.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 4.352 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da LMTA Feixa-Calvos e final na derivación ao centro de transformación Calvos. A instalación está situada nos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 19 de decembro de 2014, no BOP do 26 de novembro de 2014, no xornal Faro de Vigo do 27 de novembro de 2014 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data do 17 de decembro de 2014 a Comunidade de Montes de Chaín presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación coa solicitude de declaración de utilidade pública da liña eléctrica de alta tensión central da Feixa-Calvos. Subtramo: apoio nº 6 derivación ao CT de Calvos, as cales foron remitidas á empresa peticionaria para que, pola súa vez, realizase as alegacións que considerase pertinentes.

Unha vez examinadas as alegacións presentadas por ambas as dúas partes conclúese o seguinte:

A liña atópase en situación de ser declarada de utilidade pública, ao non constar no expediente título habilitante que permite a súa ocupación no caso das parcelas das CMVMC de Calvos e Barbudo, nin oposición dos titulares destas á súa expropiación.

As discrepancias entre as partes recollidas nas alegacións polos límites das parcelas e bens afectados, así como calquera outra que poida xurdir entre as partes poderanse facer constar na acta previa á ocupación.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación LMTA Feixa-Calvos. Subtramo apoio nº 6-derivación ao CT Calvos e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados por esta.

Esta declaración outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outras que poidan ser de aplicación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 11 de xuño de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra