Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 17 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se dá publicidade ás sancións firmes impostas pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2010/0032-0 e RL 2014/0014-0).

Unha vez que adquiriron firmeza as sancións impostas ás empresas que se relacionan pola comisión de dúas infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, procédese a darlles publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia, e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

– Expediente: RL 2010/0032-0.

Nome ou razón social da empresa: FCC Construcciones, S.A.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios (41).

CIF: A28854727.

Domicilio social: rúa Juan Flórez, 64-66, 3º, A Coruña.

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Incumprir as disposicións mínimas de seguridade e saúde no relativo ao uso dos equipamentos de traballo, xerando un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigos 4.2.d) e 19.1 da Lei do Estatuto dos traballadores e o artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986 euros.

Data de extensión da acta: 2.7.2010.

Data de firmeza da sanción: 14.5.2015.

– Expediente: RL 2014/0014-0.

Nome ou razón social da empresa: Inprex, Servicio de Prevención de Riesgos Laborales, S.L.

Sector da actividade e CNAE: outras actividades de apoio á empresa (82).

CIF: B06322309.

Domicilio social: rúa Santa Marta, 11, 06200 Almendralejo, Badajoz.

Infracción cometida: artigo 13.11 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Exercer actividades propias de un servizo de prevención alleo sen a preceptiva autorización da autoridade laboral.

Precepto legal infrinxido: artigo 17.2 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, do Regulamento dos servizos de prevención, e artigo 31.5 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986 euros.

Data de extensión da acta: 31.7.2011.

Data de firmeza da sanción: 31.5.2015.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro público de empresas sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da antedita orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco (5) anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

P.D. (Disposición adicional primeira do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación