Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 4 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido das resolucións, contra as que se poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdición laboral perante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto nos artigos 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro). No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior e de acordo co referido no artigo 61 da Lei 30/1992, do RXAP-PAC, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 4 de agosto de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome e apelidos: Carlos Jiménez Bentos.

DNI: 3329926V.

Número de expediente: 27/04/07.

Notificación: suspensión.