Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de agosto de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-31/2015, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-31/2015 xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Dispón dun prazo de quince días para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-31/2014.

Titular sancionada: Altagracia Soto Martínez.

Establecemento: Gran Rancho.

Domicilio: Nacional, 532, km 11.

Localidade: Verín.

Incoación: 2 de xullo de 2015.

Preceptos infrinxidos: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 10 de agosto de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense