Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de agosto de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-81/2014 e cinco mais, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan, a resolución dos expedientes sancionadores OU-S-81/2014 e cinco máis, do xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estime oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes, debendo aboar os importes das multas no seguinte prazo: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 10 de agosto de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Expediente: OU-S-81/2014.

Titular sancionado: Esther González Luís.

Establecemento: club Os Corzos.

Domicilio: nacional, 525, km 165.7.

Localidade: Verín.

Resolución: 29 de maio de 2015.

Tipificación das infraccións: artigo 109.2.a) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.

Expediente: OU-S-82/2014.

Titular sancionado: Coal, S.C.

Establecemento: Cha, Cha, Cha.

Domicilio: Lepanto, 5.

Localidade: Ourense.

Resolución: 1 de xuño de 2015.

Tipificación das infraccións: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.

Expediente: OU-S-86/2014.

Titular sancionado: Ricardo Manuel Gutiérrez Duran.

Establecemento: pub Underground.

Domicilio: Praza das Mercedes, 14.

Localidade: Ourense.

Resolución: 11 de xuño de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300) euros.

Expediente: OU-S-90/2014.

Titular sancionado: El Rancho, S.C.

Establecemento: El rancho.

Domicilio: nacional, 532, km 11.

Localidade: Verín.

Resolución: 12 de xuño de 2015.

Tipificación das infraccións: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.

Expediente: OU-S-91/2014.

Titular sancionado: Mª Consuelo Mihai.

Establecemento: club Os Corzos.

Domicilio: nacional, 525, km.165.7.

Localidade: Verín.

Resolución: 15 de xuño de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.

Expediente: OU-S-106/2014.

Titular sancionado: Juan Carlos Hermida Morais.

Establecemento: A Movida.

Domicilio: Alameda, 25

Localidade: Verín.

Resolución: 14 de xullo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.