Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 504/2012).

PO procedemento ordinario 504/2012

Sobre: ordinario

Demandante: Ricardo Lence García

Demandados: Domingo Luis Rouco Villaverde, Santiago Martínez Otero, Forxa 67, S.C., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Ricardo Lence García contra Domingo Luis Rouco Villaverde, Santiago Martínez Otero, Forxa 67, S.C., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 504/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Domingo Luis Rouco Villaverde e ao L.R. de Forxa 67, S.C., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 1.10.2015 ás 12.00 horas, na planta baixa-sala 1-Edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Requírese a Domingo Luis Rouco Villaverde e ao L.R. de Forxa 67, S.C. para que acheguen os documentos solicitados pola parte demandante no seu escrito de demanda, a cal se encontra á súa disposición na Oficina Xudicial, coa advertencia de que, de non o facer, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Domingo Luis Rouco Villaverde e ao legal representante de Forxa 67, S.C., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial