Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (417/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 417/2015 por instancia de José Luis Liñares Fuentes contra a empresa A.C. Medin, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 23.7.2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión: estímase parcialmente a demanda formulada por José Luis Liñares Fuentes fronte á empresa A.C Medin, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada A.C Medin, S.A. ao demandante.

– Condénase a A.C. Medin, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 41.063,22 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 7.118,16 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 53,52 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa A.C. Medin, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xullo de 2015

A secretaria xudicial