Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (PO 684/2014).

PO procedemento ordinario 684/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Begoña Freire Carrascosa

Avogado: Fernando José Méndez Sanjurjo

Demandados: Limco, Sociedade Cooperativa Galega

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no Xulgado do Social número 1 da Coruña ditou resolución de data 29 xuño 2015, dirixida a Limco, Sociedade Cooperativa Galega, facéndolle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limco, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial