Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 504/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 504/2015

Sobre: despedimento

Demandante: María Dolores Hurtado Ventoso

Avogado: Carlos Alberto Castro Álvarez

Demandados: Chen Jinxiao, Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Fago saber: que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra Chen Jinxiao, Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 504/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Chen Jinxiao, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10.9.2015 ás 11.30 horas, na planta baixa -Sala 1-, Edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Chen Jinxiao, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

A secretaria xudicial