Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1162/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1162/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicholas Allan Alcock contra Riverway, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 494/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1162/2014

Demandante: Nicholas Allan Alcock

Letrado: Sra. Rodríguez Amoroso

Demandado: Riverway, S.L.

Decido.

Primeiro. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Nicholas Allan Alcock fronte a Riverway, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Seguno. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 2.232,95 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de optar pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 31,23 euros/día.

Terceiro. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Riverway, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xullo de 2015

A secretaria xudicial