En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 56/2014 CA.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21794
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obra.
b) Descrición: construción dun punto limpo no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).
c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 277.669,40 €.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 277.669,40 €; importe total: 335.979,97 €.
6. Financiamento: cofinanciado ata un máximo do 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.
7. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 22.7.2015.
b) Data de formalización do contrato: 3.8.2015.
c) Adxudicatario: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 235.907,93 €; importe total con IVE: 285.448,60 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015
P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas