Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2015/11-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Domicilio social: r/ Alfonso XII, 3-5, 28014 Madrid.

Denominación: LMT, CT1 e LMT, CT2 para biblioteca e arquivo histórico, respectivamente.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

– LMT biblioteca: LMT subterránea de 17 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento do expediente 2014/037 e o CT biblioteca.

– CT1 biblioteca: aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, cela modular de remonte, cela modular de protección de transformador e cela de medida. Transformador trifásico de potencia 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– LMT arquivo: LMT subterránea de 10 m de lonxitude 20 kV con condutor
RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×95 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento do expediente 2014/37 e o CT arquivo.

– CT2 arquivo: aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, cela modular de remonte, cela modular de protección e transformador e cela de medida. Transformador trifásico de potencia 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 71.654,87 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 12 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense