Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á extinción de varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG ás resolucións mediante as cales se extinguiron as seguintes autorizacións ambientais integradas:

1. Resolución do 21.6.2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a unha fábrica existente de carburo cálcico, desulfurante, cal e dolomía calcinada, nitróxeno e CEDIFIL, situado no concello do Barco de Valdeorras (Ourense). Titular: Compañía Española de Industrias Electroquímicas, S.A. Número de rexistro: 2006/0308_NAA/IPPC_149.

2. Resolución do 3.9.2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a unha fábrica de pavimentos e revestimentos cerámicos situada no concello de Catoira (Pontevedra). Titular: Cerámica Domínguez del Noroeste, S.A. (Cedonosa). Número de rexistro: 2006/0344_NAA/IPPC_151.

3. Resolución do 18.8.2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a unha planta de fabricación de envases de vidro para a alimentación, no concello de Xinzo de Limia (Ourense). Titular: Vidriera del Atlántico, S.A. Número de rexistro: 2006/0378_NAA/IPPC_082.

4. Resolución do 18.9.2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a unha planta de fabricación de envases e tapas de folla de lata situada no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Titular: Ardagh Metal Packaging Ibérica, S.A. Número de rexistro: 2007/0020_NAA/IPPC_202.

5. Resolución do 11.12.2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a unha fábrica de produtos cerámicos para a construción situada no concello de Valga (Pontevedra). Titular: Novo y Sierra, S.A. Número de rexistro: 2006/0309_AAI/IPPC_100.

6. Resolución do 30.1.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.C.G., desistida en relación coa execución do proxecto de explotación porcina de produción de leitóns, situada no lugar da Veiga de Antela, no concello de Xinzo de Limia (Ourense), así como renunciada con respecto aos dereitos outorgados por Resolución do 20.1.2010, pola que se formulou declaración de impacto ambiental e se outorgou a autorización ambiental integrada para o proxecto referido, con número de rexistro: 2009/1019_AIA/IPPC_215; queda, en consecuencia, extinguida a dita autorización ambiental integrada.

7. Resolución do 1.2.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada a Emesa Trefilería, S.A. para a planta de fabricación de arames e cordóns de aceiro a partir de fío laminado, localizada no polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo (A Coruña). Número de rexistro: 2006/0239_NAA/IPPC_038.

8. Resolución do 13.2.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada Gallega de Molienda de Clinker, S.L.U. para a unha planta de fabricación de cemento localizada no concello de Coirós, provincia da Coruña. Número de rexistro: 2003/0321_AIA/IPPC_001; e se acorda o arquivamento do procedemento de renovación desta.

9. Resolución do 11.4.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada a unha fábrica de produtos cerámicos para a construción situada no concello de Catoira (Pontevedra). Titular: Productos Ulla, S.L. Número de rexistro: 2006/0364_NAA/IPPC_046.

10. Resolución do 11.4.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada a unha fábrica de carbonato cálcico a partir de cuncha de mexillón no concello de Boiro (A Coruña). Titular: Calizas Marinas, S.A. Número de rexistro: 2006/0392_NAA/IPPC_028.

11. Resolución do 23.4.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada a Gestamp Cataforesis Vigo, S.L. para a fábrica de pezas non eléctricas para automóbiles localizada no concello de Vigo (Pontevedra). Número de rexistro: 2005/0164_AIA/IPPC_136.

12. Resolución do 6.5.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada a unha planta de fabricación de ladrillos situada no concello de Portomarín (Lugo). Titular: Fábrica de Ladrillos de Puertomarín, S.L. Número de rexistro: 2006/0345_NAA/IPPC_118.

13. Resolución do 21.5.2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se declara a extinción da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola Rías Baixas, S.L. para unha granxa de galiñas poñedoras no concello de Campo Lameiro (Pontevedra). Número de rexistro: 2007/0022_NAA/IPPC_085.

Estas resolucións pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental