Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ao outorgamento de varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG ás resolucións mediante as cales se outorgaron as seguintes autorizacións ambientais integradas:

1. Resolución do 30.6.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Codisoil, S.A. para unha planta de almacenamento e valorización de residuos Marpol, residuos de aceites e residuos hidrocarburados, no concello de Marín (Pontevedra). Número de rexistro 2014-IPPC37_271.

2. Resolución de 1.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Lajo y Rodríguez, S.A. (Lyrsa), para a planta de almacenamento e xestión de residuos fundamentalmente metálicos no polígono industrial As Gándaras no concello do Porriño (Pontevedra). Número de rexistro 2014-IPPC-103-272.

3. Resolución do 2.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Biocompost de Lugo, S.L. para unha planta de valorización de residuos non perigosos para fabricación de compost que se localiza no concello de Cospeito (Lugo). Número de rexistro 2014-IPPC-I-29_273.

4. Resolución do 3.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Alansu Galicia, S.L. para un centro de transferencia e valorización de residuos industriais no concello de Cerceda (A Coruña). Nº de rexistro 2014-IPPC-30_274.

5. Resolución do 6.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Codisoil, S.A. para a planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados que se localiza no polígono industrial do Pereiro de Aguiar, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense). Número de rexistro 2014-IPPC-38_275.

6. Resolución do 6.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Codisoil, S.A. para a planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados localizada no polígono industrial A Granxa, no concello do Porriño (Pontevedra). Número de rexistro 2014-IPPC-40_276.

7. Resolución do 7.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Galiza Verde, S.L. para a planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos que se localiza no Parque Empresarial de Pazos, no concello de Padrón (A Coruña). Número de rexistro 2014-IPPC-45_277.

8. Resolución do 7.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Francisco Mata, S.A. para a planta fragmentadora de Bens, no concello da Coruña. Número de rexistro 2014-IPPC-45_278.

9. Resolución do 7.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Industrias del Tablero, S.A. para a planta de produción de taboleiros de fibra de media densidade que se localiza no concello de San Sadurniño (A Coruña). Número de rexistro 2014-IPPC-98_279.

10. Resolución do 7.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (Afamsa) para a planta de procesamento de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal, situada no parque empresarial A Veigadaña, no Concello de Mos (Pontevedra). Número de rexistro AAI: 2014-IPPC-13_280.

11. Resolución do 7.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Babcock Kommunal MBH e Técnicas Medioambientales, Tecmed, S.A. UTE (denominada comercialmente Albada), para a planta de tratamento de residuos urbanos da Coruña, concello da Coruña (A Coruña). Número de rexistro 2014-IPPC-98_281.

12. Resolución do 7.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Safety Kleen España, S.A. para o centro de transferencia de residuos (CTR) que se localiza no polígono industrial do Tambre, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña). Número de rexistro 2014-IPPC 68_282.

13. Resolución do 8.7.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Tratamentos Ecológicos del Noroeste, S.L. (TEN), para a planta de valorización de residuos para a elaboración de fertilizantes e solos artificiais e a xestión de residuos non perigosos de orixe doméstica e industrial que se localiza na corta de Arinteiro, no concello de Touro (A Coruña). Número de rexistro 2014-IPPC-56_283.

Esta resolución pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2ª andar).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental