Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de agosto de 2015 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade urbanística POL/79/2014, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O 3 de xullo de 2015, a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/79/2014, que se tramita pola construción dunha edificación residencial e de muros, no Camiño Vello da Lagoa, en Teis, no termo municipal de Vigo, na cal se propón suspender a tramitación do dito procedemento administrativo sancionador ata que se dite resolución xudicial firme no procedemento xudicial firme iniciado polas mesmas actuacións no Xulgado de Instrución número 3 de Vigo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución á comunidade de herdeiros de Francisco Pérez Alcalde, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita proposta de resolución por medio dun anuncio publicado no Bolelín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos ou xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística