Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 15 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución sobre caducidade da súa solicitude de descualificación dunha vivenda protexida.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo a resolución sobre caducidade da súa solicitude de descualificación dunha vivenda protexida.

A eficacia deste acto queda supeditada á publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 15 de xullo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: 36-P-0134/94.

Nome: Marcelino Novoa Otero.

Enderezo: rúa Alexandre Bóveda, 14, 7º A. 36210 Vigo.

Asunto: resolución sobre caducidade.

Expediente: 36-J-0036/04.

Nome: José Meiriño Gómez.

Enderezo: rúa Perillana, 2, 5º E. 36860 Ponteareas.

Asunto: resolución sobre caducidade.