Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de xullo de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/258/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 1 de xuño de 2015 ditou resolución pola que se declara que as obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar composta de planta baixa e aproveitamento baixo cuberta que se levan a cabo no lugar da Gándara, parroquia de San Fins de Sales, no termo municipal de Vedra, provincia da Coruña, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Manuel Granja Raviña, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística