Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade do acordo sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal de Abelán, da parroquia de Bealo, do concello de Boiro.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade de que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 10 de xullo do 2015, adoptou o seguinte acordo en relación coa revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal de Abelán, da parroquia de Bealo, do concello de Boiro.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O monte Abelán, da parroquia de Bealo, do concello de Boiro, foi declarado veciñal en man común pola Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña o 10.6.1988 en favor dos veciños dos lugares de Boimazán, Hermide, A Candosa, A Ponte Beluso e Aruxo, da parroquia de Bealo, do concello de Boiro, e consta no expediente un plano do monte Castro Barbudo, CUP núm. 144 , do cal procede este monte.

Segundo. Con data 2.1.2015 a presidenta da comunidade veciñal comunica ao Xurado que, por acordo asembleario do 19.9.2014, a comunidade realizou un levantamento topográfico dos marcos que definen o perímetro do monte e os enclaves existentes, dando como resultado da medición 66,849 ha; achega un informe técnico da medición e solicita que se incorpore esta adaptación topográfica ao expediente de clasificación do monte.

Terceiro. O Servizo de Montes emite informe favorable o 1.6.2015 por medio do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común sobre esta proposta de revisión da cartografía actualizada do monte veciñal de Abelán en atención ao previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

No seu informe especifica que a revisión topográfica respecta os lindes descritos en letra na resolución do Xurado de Clasificación como veciñal do 10.6.1988. O estudo técnico achegado pola comunidade utiliza a acta de apeo do deslindamento total do monte Castro Barbudo, número 144 do CUP e o caderno de campo deste, para transformar o método de medición dos vértices deste, de distancias e ángulos, a coordenadas UTM; no terreo seguen a ser os mesmos, pero a súa localización é moito máis sinxela cos aparellos actuais, o levantamento topográfico do perímetro do monte e dos seus enclaves, para coñecer a situación exacta dos marcos que marcan o seu perímetro e así dispor das coordenadas destes para que non existan discrepancias nun futuro por se desaparecen. A súa superficie varía moi pouco.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segundo. O informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común da Coruña do 1.6.2015 contén unha proposta de adaptación do esbozo existente do monte veciñal de Abelán de Bealo-Boiro a unha cartografía de fiabilidade e precisión adaptada ás novas técnicas topográficas con apoio nunha ampla xustificación documental e validando un plano de levantamento topográfico do 11.12.2014 presentado por instancia da comunidade.

Vista a proposta de revisión presentada sobre a adaptación de esbozo do monte veciñal de Abelán que achega o responsable da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do Servizo de Montes da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, este xurado, por unanimidade dos membros presentes con dereito a voto,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a proposta de adaptación de esbozo do monte veciñal Abelán da parroquia de Bealo, do concello de Boiro, presentada pola comunidade propietaria e validada polo xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común da Coruña no seu informe do 1.6.2015, e a planimetría que o acompaña e que forma parte desta resolución, de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. O monte veciñal queda coas características seguintes:

Monte: Abelán.

Comunidade veciñal propietaria: CVMC de Abelán de Boiro.

Superficie: 66,849 ha, no canto das 64,11 ha da resolución da clasificación.

Enclaves:

a) 0,429 ha.

b) 0,316 ha.

c) 0,9012 ha.

Total: 1,6462 ha.

– As súas estremas son as mesmas da súa resolución:

Norte: propiedades particulares de Candosa e Landeiras, en parte MVMC de Landeiras (exp. 115).

Leste: termo municipal de Rianxo.

Sur: propiedades particulares de Aruxo e A Ponte Beluso.

Oeste: propiedades particulares de Boimazán e Hermide.

Segundo. Motificar este acordo á comunidade propietaria e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo do 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña