Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican as resolucións de catro expedientes de reintegro de subvencións.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselles ás entidades relacionadas no anexo as resolucións do procedemento de reintegro das subvencións concedidas.

Faise saber que os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para que aleguen ou presenten os documentos que xulguen pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Galicia Terra de Acollida.

Enderezo: rúa Juan de Agnes, nº 7, baixo dereita, 32002 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2010/382-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 15 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da Orde de 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010 as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG núm. 54, do 22 de marzo); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que cómpre reintegrar: 6.592,90 €.

Entidade: Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo).

Enderezo: praza de Recife, 5, 3º B, 15004 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2011/61-0.

Data da resolución de inicio do expediente de reintegro: 15 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que cómpre reintegrar: 6.464,31 €.

Entidade: Fundación Andrea Gómez.

Enderezo: rúa Progreso, 61, 1 dta., 32005 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2011/163-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 17 de marzo de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que cómpre reintegrar: 9.265,16 €.

Entidade: Asociación Mulleres de Bouzas.

Enderezo: Cánovas del Castillo, 12, 7º E, 36208 Vigo, Pontevedra.

Nº de expediente: TR352A 2011/695-0.

Data da resolución de inicio do expediente de reintegro: 15 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que cómpre reintegrar: 1.324,51 €.