Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 24 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións. Contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada perante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto nos artigos 59.5 e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No mesmo prazo sinalado anteriormente, e de acordo co referido no artigo 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Lugo (rolda da Muralla, 70), para coñeceren o texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 24 de xullo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Risga

Apelidos e nome

DNI/NIE/Pasaporte

Nº de expediente

Resolución

Concello

Mosquera Villota, Esther Stefania

X6281011-X

27902/0011/15-R

Arquivamento

Burela

Roca Dafonte, Juan Manuel

32762348-K

27028/0049/15-R

Arquivamento

Lugo