Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 30 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, polo que se notifica o acordo de perda do dereito de cobramento e de iniciación do procedemento de reintegro do anticipo da subvención concedida nos expedientes PF-2009/000034 e PF-2009/000218.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás entidades que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo de perda do dereito de cobramento, e de iniciación do procedemento de reintegro do anticipo da subvención concedida nos expedientes PF-2009/000034 e PF2009/000218.

Concédeselles ás interesadas un prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para que aleguen ou presenten os documentos que consideren pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias desta dirección xeral, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, para consultar e obter, se é o caso, unha copia do acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da devandita Lei 30/1992. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Expediente: PF-2009/000034.

Orde de convocatoria da subvención: Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Entidade: Asociación Nacional de Empresarios y Profesionales Autónomos (Asnepa).

Acto de notificación: acordo de perda do dereito de cobramento e de iniciación do procedemento de reintegro do anticipo da subvención concedida.

Último enderezo coñecido: rúa Ezequiel Masoni, 25, 36900 Marín (Pontevedra).

Expediente: PF-2009/000218.

Orde de convocatoria da subvención: Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Entidade: Asociación de Fabricantes de Hormigón y Mortero de Galicia (Asfhorgal).

Acto de notificación: acordo de perda do dereito de cobramento e de iniciación do procedemento de reintegro do anticipo da subvención concedida.

Último enderezo coñecido: rúa Palmeira, nave 71-A2, polígono Novo Milladoiro, 15893 Ames (A Coruña).