Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 30 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución de perda do dereito de cobramento da subvención concedida no expediente FIP 2008/000230-5.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade Zampamonstros, S.L.N.E. a resolución de perda do dereito de cobramento da subvención concedida ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2007 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan nacional de formación e inserción profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao ano 2008, no expediente FIP 2008/000230-5.

Concédeselle á interesada un prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias desta dirección xeral, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, para consultar e obter, se é o caso, unha copia do acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da devandita Lei 30/1992. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Expediente: FIP 2008/000230-5.

Entidade: Zampamonstros, S.L.N.E. (CIF B36564904) antes Castro Vicente, Nerea, S.L.N.E.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito de cobramento da subvención concedida.

Último enderezo coñecido: rúa Bo de Aldea, nº 5, 36730 Tomiño (Pontevedra).