Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, dun servizo de deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2015 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (75 %) (expediente 45/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2015 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: de acordo coa epígrafe VII do prego de prescricións técnicas. A campaña terá unha duración de 4 semanas.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e documentalmente simplificado. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e con aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 173.276,03 €, IVE (21 %): 36.387,97 €. Importe total: 209.664 €.

Valor estimado: 173.276,03 €.

5. Financiamento: expediente cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), medida 511. Porcentaxe de cofinanciamento: 75 % Feader-25 % Estado membro.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. É válida grupo T, subgrupo 1, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas: definitiva: 8.663,80 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano nº 5-2º andar, CP 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 37 (consultas administrativas), 881 99 72 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23207

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: será por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: condicións especiais de execución: obrigas de información e publicidade comunitaria de acordo co punto 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2015

P.A. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes