Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao servizo para o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas (expediente 5/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 5/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

c) CPV: 98390000-3 Outros servizos.

d) Tipo de fondo: as actividades obxecto desta contratación poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007ESOUPO001, período de programación 2007-2013.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 6 de abril de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: setenta e un mil novecentos oitenta e cinco euros (71.985,00 €) dado que non se prevé prórroga nin modificacións do contrato.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2015.

c) Contratista: Auren Consultores Bio, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: trinta e un mil euros (31.000,00 €) máis seis mil cincocentos dez euros (6.510,00 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de trinta e sete mil cincocentos dez euros (37.510,00 €).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar