Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do acordo marco cun único empresario do servizo de mantemento de portas automáticas, ascensores e outros aparellos de elevación pertencentes aos centros e dependencias administrativas dependentes desta consellería (expediente 20/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 20/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de portas automáticas, ascensores e outros aparellos de elevación pertencentes aos centros e dependencias administrativas dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número de lotes: si/2.

Lote 1: centros e dependencias administrativas situadas nas provincias da Coruña e Lugo.

Lote 2: centros e dependencias administrativas situadas nas provincias de Ourense e Pontevedra.

d) Lugar de execución/entrega: nos centros e dependencias administrativas dependentes da Consellería de Traballo e Benestar que conforman cada un dos lotes do acordo marco.

e) Prazo de execución/entrega: o acordo marco estará vixente durante o prazo de 12 meses a partir do 1.1.2016. A duración dos contratos derivados baseados no acordo marco subsistirán polo seu propio período de vixencia, aínda cando o acordo marco se extinguise antes.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: oitocentos noventa e sete mil oitocentos corenta euros (897.840,00 €), incluídas as posibles modificacións e prórroga.

b) Valor estimado por lotes:

▪ Lote 1: 498.240,00 €. Lote 2: 399.600,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento do contrato derivado, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: segundo presente oferta para un dos lotes en que se divide este procedemento ou para ambos os lotes.

– Se a empresa presenta oferta para un só lote, a clasificación necesaria é a seguinte:

• Para o lote 1: grupo P (servizos de mantemento e reparación de equipamentos e instalacións), subgrupo 7 (mantemento e reparación de equipamentos e instalación de aparellos elevadores e de translación horizontal), categoría B.

• Para o lote 2: grupo P (servizos de mantemento e reparación de equipamentos e instalacións), subgrupo 7 (mantemento e reparación de equipamentos e instalación de aparellos elevadores e de translación horizontal), categoría A.

– Se a empresa presenta oferta para os dous lotes, a clasificación necesaria é a seguinte: grupo P (servizos de mantemento e reparación de equipamentos e instalacións), subgrupo 7 (mantemento e reparación de equipamentos e instalación de aparellos elevadores e de translación horizontal), categoría B.

b) Solvencia económica y financiera y solvencia técnica y profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, será suficiente que estes acrediten a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional da maneira relacionada na cláusula 16.C. da folla de especificacións do PCAP.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 1 de setembro de 2015.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 19 da folla de especificacións do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.7.2015.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

 http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23115

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar