Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Consellería de Traballo e Benestar.
Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Denominación: CS e CT de 630 kVA no CEGADI.
Situación: rúa Queixume dos Pinos, 2.
Características técnicas: centro de secionamento soterrado en edificio prefabricado de formigón específico para ese fin. Celas prefabricadas de entrada/saída e derivación con interruptores-secionadores de 24 kV, 400 A. Liña de media tensión soterrada, con inicio no centro de secionamento de 15 m de lonxitude, con condutor de aluminio RHZ1 12/20 kV 3×(1×195 mm2), e remate no centro de transformación proxectado. Centro de transformación soterrado en edificio prefabricado de formigón específico para este fin, con celas prefabricadas (24 kV, 400 A) e transformador de 630 kVA, relación 20 kV/420 V e refrixeración natural en aceite.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 24 de xullo de 2015
P.A. (Decreto 116/2014, do 11 de setembro, polo que se modifica
o Decreto 110/2013; DOG núm. 183, do 25.9.2014)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial