Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2015 pola que se dá publicidade á formalización do contrato A innovación e a competitividade na industria de Galicia: cara á fábrica do futuro (expediente 03/2015 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria: A innovación e a competitividade na industria de Galicia: cara á fábrica do futuro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 03/2015 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22164

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: a creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña publicitaria de ámbito galego e nacional, para sensibilizar a poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego.

c) Lotes: 2.

Lote 1: creatividade, deseño e produción.

Lote 2: estratexia de medios e difusión da campaña.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos de publicidade).

e) Acordo marco: non

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG)

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 10 de marzo de 2015; BOE número 66, do 18 de marzo de 2015 e DOG número 49, do 12 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato:

Lote 1: 57.851,24 euros.

Lote 2: 1.595.041,32 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: importe neto 57.851,24 euros; importe total 70.000 euros.

Lote 2: importe neto 1.595.041,32 euros; importe total 1.930.000 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 17 de xuño de 2015.

Lote 2: 17 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 15 de xullo de 2015.

Lote 2: 15 de xullo de 2015.

c) Contratista:

Lote 1: C Grupo de Empresas de Comunicación, Marketing e Investigación, S.A., (Grupo Bap&Conde, S.A.).

Lote 2: C Grupo de Empresas de Comunicación, Marketing e Investigación, S.A., (Grupo Bap&Conde, S.A.).

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: importe neto 50.324,79 euros; importe total (IVE 21 %) 60.893 euros.

Lote 2: importe neto 1.594.572,20 euros; importe total (IVE 21 %) 1.929.432,36 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Lote 1: é a proposta máis creativa das presentadas, tanto pola variedade como pola calidade das propostas, con imaxes traballadas coa palabra “futuro” integrada en todas as imaxes. Audiovisual con variedade de imaxes atractivas, música con forza e edición suxestiva. Resposta con calidade a todas as demandas de comunicación e ao contido dos pregos, con versións traballadas en todos os soportes solicitados. Obtén tras a valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos un total de 98,76 puntos, puntuación superior a das outras entidades admitidas á licitación.

Lote 2: fai unha elección dun target específico que se considera moi axeitado para o cumprimento dos obxectivos da campaña: homes de 35 a 64 anos de clase media-alta e alta. Fai unha análise extensa e fundamentada. O impacto para cada ámbito será máximo. Máxima cobertura e afinidade. Presión de maior a menor. Dúas semanas de recordo. Presenta unha estratexia que facilita o cumprimento dos obxectivos da comunicación apostando por unha campaña de 6 semanas; en canto ao número de pases/insercións/cuñas en cada medio destaca nas propostas presentadas para cinco medios; e en canto á porcentaxe de investimento que cada empresa dedica a cada medio destaca en cinco das porcentaxes presentadas. Destaca sobre o resto de licitadores tanto na avaliación global como na avaliación por cada soporte; é a que máis GRP achega en gráfica, radio e televisión. Propón ferramentas propias para o seguimento e control do desenvolvemento da campaña. Obtén trala valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos un total de 89,27 puntos, puntuación superior á das outras entidades admitidas á licitación.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 10.12.2014; DOG núm. 3, do 7.1.2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria