Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Celanova (expediente IN407A 2015/53-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT CEL804 ao CT Ponte Grande.

Situación: Barxiña-Ponte Grande.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 64 m (reforma da LMT CEL 804 cambio de condutor neste treito) condutor LA 110/116,2 mm2 e con orixe no apoio nº 2 (CH-1000-11P) e remate no apoio nº 3 (CH-1000-13P).

– LMT subterránea a 20 kV de 118 m con orixe na LMT aérea CEL804 e remate no CT Ponte Grande de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 22.246,36 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 22 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial