Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33264

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (756/2014-P).

Eu, María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente edicto anuncio que neste procedemento de xuízo ordinario 756/2014 seguido por instancia de María Benigna Fernández Covelo contra Pedro Bueno de la Riva foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 26 de maio de 2015

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre resolución de contrato de arrendamento co número 756/2014, promovidos por María Benigna Fernández Covelo, representada polo procurador Sr. Fernández Fernández e asistida da letrada Sra. Otero Lamas; contra Pedro Bueno de la Riva, en situación procesual de rebeldía ...

Decido:

Que, estimando integramente a demanda promovida pola representación de María Benigna Fernández Covelo contra Pedro Bueno de la Riva, debo declarar e declaro a resolución do contrato de arrendamento sobre a vivenda sita na rúa Cervantes, nº 8, baixo, de Vigo, por concorrer causa de denegación da prórroga forzosa consistente en desocupación do inmoble durante máis de seis meses nun ano sen xusta causa; e condeno o demandado a desaloxalo, con apercibimento de lanzamento, e imposición ao demandado das costas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se interporá neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPJ, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído na conta de depósitos e consignacións deste órgano un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, unha comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír, após a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, Pedro Bueno de la Riva, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial